martes, 28 de febrero de 2012

Topoloxía dunha rede

- . Rede de anel: trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores estan conectados a ela. A información circula nun sentido, polo anel, e cada ordenador analiza se é o destinatario, se non é asi, deixase pasar a información ao seguinte, e así sucesivamente

. Rede en estrela: os ordenadores non estan conectados directamente entre se, se non que o fan a traves dun dispositivo especifico. Trátase dunha rede moi estable (xa que un fallo de comunicación non bloquea todo o sistema)segura e cunha velocidade de transmisión alta.

- .HUB:  a este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo (impresora, router...), e actua de ponte entre todos eles; cando un ordenador envia informacio, o receptor a envia a todos para que o destinatario a reciva e o resto a desheche

. SWITCH:  ao igual que o HUB, actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, pero, ademais, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles, se non ao destinatario.

jueves, 16 de febrero de 2012

Discos magnéticos

  • Estructura dun disco magnético
Consta de catro partes:
- Caras: superficie superior e inferior do disco
- Pistas: son circulos concéntricos que dividen a cara do disco
- Sectores: son as divisións de cada pista
- Cilindros: no caso dos discos duros e posto que estos teñen varios discos, se utiliza el termino cilindros para denominar ao conxunto de pistas situadas no mesmo lugar de cada disco.

miércoles, 15 de febrero de 2012

Memorias flash

Caracteristicas:
As memorias flash, inicialmentes utilizadas para almaenar os datos da BIOS do ordenador, popularizáronse e o seu uso xeneralizouse hasta o punto de que cadaa vez son mais os dispositivos de almacenamento que utilizan esta tecnologia
Estes dispositivos, que adoitan comercializarse con distintos nomes (Compact flash, Memory stick, Smart drive, Pendrive...) non só son dispositivos informáticos, se non que se estendeu a súa utilización a outros dispositivos electrónicos como camaras fotográficas e de video. No caso dos dispositivos informáticos, adoitan conectarse cun USB.

Funcionamento:
Como calquera outra memoria, a memoria flash está constituída por celas nas que se garda a información que se quere almacenar. Cada cela é como un transmisor convencional, pero cunha porta adicional que é a encargada da carga da información. A memoria flash non é como a memoria RAM, posto que nese caso necesitaria enerxía de forma permanente para non perder os datos.

lunes, 13 de febrero de 2012

Monitores

  •   Que é a frecuencia e que ocurre se un monitor ten baixa frecuencia?
É o que indica o número de veces que se mostra unha imaxe por segundo, se a frecuencia é baixa, a imaxe vibrará e a vista terá que esforzarse máis do habitual
  • Que dous parámetros obligan a que a tarxeta gráfica e o monitor sexan compatibles? Porque?
A resolución do monitor e o número de pixeles, porque catos máis pixeles teña, máis cores se verá
  • Que é a resolución dun monitor?
A resolución dun monitor depende do número de puntos (pixeis), que se obtén como producto do número de liñas (filas) polo número de pixeis de cada unha de elas (columnas)
  • Como se define o número de cores?
Para que unha imaxe mostre un determinado número de cores, necesitase unha cantidade de bits que den a información ao pixel. Nº de cores = 2 elevado ao nº de bits necesarios por pixel
  • Como influen o microprocesador gráfico e a RAM gráfica na visualización de imaxes?
A velocidade de creación de imaxenes só depende do microprocesador gráfico propio da tarxeta de vídeo, e non da cantidade de memoria RAM gráfca; esta última afecta, unicamente, á resolución e ao número de cores que poden activarse.

    jueves, 9 de febrero de 2012

    Monitores



    Monitores CRT: o seu funcionamento baséase na utilización dun tubo de raios catódicos que envía, dende o fondo á pantalla, unha corrente de electróns que ao chocar contra unha superficie fosforescente forma imaxes






    Pantallas planas de cristal liquido (LCD): evolucionados das pantallas de calculadoras e portátiles, estes ordenadores utilizan millóns de celas de cristal liquido que se polarizan e deixan o paso de determinados raios e forman imaxes



    Pantallas planas TFT: está formado por unha matriz de millóns de puntos, que cada un é un transmisor coa súa cor e brillo, e que entre todos forman imaxes






    Monitores de plasma: utilizan o gas (plasma) que cada un dos pixeis cambia de cor e brillo e forma imaxes, adoitan ser de grandes dimensións



    Monitores LED: é un dispositivo de vídeo que utiliza leds dispoñéndoos en forma de matriz utilizando díodos de distintas cores RGB para formar o pixel, consumen pouca enerxía.

    miércoles, 8 de febrero de 2012

    Dispositivos de entrada



    - Lector de código de barras: é un dispositivo capaz de ler e interpretar a secuencia de barras negras dependendo do grosor, permitindo ao ordenador identificar o produto e obter a súa información










    - Escáner: é un dispositivo que permite introducir información dende documentos de papel: imaxes, debuxos, fotografías...








    - Pantalla táctil: ademais de mostrar información (dispositivo de saída) ofrece a posibilidade de introducir información con só situar un dedo na súa superficie, como elixir unha opción, executar unha orde...








    - Lector de bandas magnéticas: está cada día máis extendido (tarxetas de crédito, tarxetas de identificación persoal, etc...). Son dispositivos capaces de leer a información escrita en dita banda








    - Tablet PC: constitúen a evolución entre os ordenadores portatiles e asPDA, con tamaños intermedios entre ambos os dous e adoitan ter a pantalla de 10 '' ' para introducir datos, como nas PDA