martes, 28 de febrero de 2012

Topoloxía dunha rede

- . Rede de anel: trátase dunha rede pechada, na que todos os ordenadores estan conectados a ela. A información circula nun sentido, polo anel, e cada ordenador analiza se é o destinatario, se non é asi, deixase pasar a información ao seguinte, e así sucesivamente

. Rede en estrela: os ordenadores non estan conectados directamente entre se, se non que o fan a traves dun dispositivo especifico. Trátase dunha rede moi estable (xa que un fallo de comunicación non bloquea todo o sistema)segura e cunha velocidade de transmisión alta.

- .HUB:  a este dispositivo chegan todos os cables da rede, un por cada ordenador e por cada dispositivo (impresora, router...), e actua de ponte entre todos eles; cando un ordenador envia informacio, o receptor a envia a todos para que o destinatario a reciva e o resto a desheche

. SWITCH:  ao igual que o HUB, actúa de ponte entre todos os dispositivos da rede, pero, ademais, é capaz de identificar cada ordenador ou dispositivo conectado, polo que non envía a información a todos eles, se non ao destinatario.

No hay comentarios:

Publicar un comentario