A resolución fai que a calidade das imaxes obtidas dependa directamente dela.A resolución do escáner mídese en puntos por polgada (ppp); canto maior sexa este valor, máis puntos gráficos terá a imaxe no mesmo espazo físico, é dicir: maior ou menor calidade.A diferencia está, en que a impresora, aparte de que a resolución pódese medir en PPP, tamén se pode medir en dpi (dots per inch), medida que indica o número de puntos que pode debuxar nunha pulgada.
·
A velocidade pódese medir en cps (caracteres por segundo) ou, o que é máis frecuente hoxe en día, en ppm (páxinas por minuto).
Utilizan unha tecnoloxía similar á das fotocopiadoras. Son bastante máis rápidas e permiten obter resultados de alta calidade; cada vez son máis frecuentes as impresoras láser de cor.
O proceso de dixitalización dunha imaxe consta de dúas partes:
1) Transformación da imaxe en sinais eléctricos; para este labor, o escáner dispón de sensores CCD que reciben a luz reflectida pola imaxe nun xogo de espellos. Estes sensores son capaces de diferenciar a intensidade e a cor da imaxe.
2) Conversión dos sinais eléctricos creados polos sensores CCD en información dixital; esta tarefa é realizada por un convertedor analóxico/dixital denominadoDAC (Dixital Analog Converter).
Trátase dun dispositivo que se utiliza nas aplicacións de deseño asisitido por ordenador, xa que permite imprimir planos, debuxos técnicos... cunha gran calidade
Un plotter está constituído por un brazo robótico, a gran diferenza respecto ás impresoras é que realiza debuxos con trazos continuos, conseguindo así figuras (círculos,curvas...) de gran calidade. Outra importante característica do plotter é que, a diferenza da impresora, pode utilizar papel de grandes dimensións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario